Tuesday 07 de May de 2024

Cine en Anca este mércores


Nova sesión de cine nocturno de verán esta semana en Neda. As proxeccións trasládanse a Anca, e este mércores a partir das 22:30 horas, a pista deportiva acollerá o pase da producción “Chupa. Descubre a lenda”. Unha película dirixida a un público familiar protagonizada por Demián Bichir, Evan Whitten e Christian Slater na que un neno solitario vai a ver á súa familia a México, e no cobertizo do seu avó atopa a unha criatura mítica da que se fai amigo, comezando así a aventura da súa vida.